- Xa se poden adquirir as entradas para o festival en puntos físicos de toda Galicia.
- Pechado o cartel artístico: El Último Ke Zierre, Dakidarría, Nube Kingston, Susie Q’ s, 33 Malandras e 13 Bats.
- A marca Johnnie Walker súmase á RomeríaRock.
A banda 13 Bats completa o cartel artístico da RomeríaRock Arenteiro 2018, que se celebrará o 26 de maio no parque municipal do Carballiño. A promotora Telecaster Events confirmou que a formación, que destaca polo seu punk psichobilly, elixiu O Carballiño para presentar o seu novo traballo discográfico. Os carballiñeses poderán así gozar en primicia desta banda explosiva, que proximamente se marcará un circuíto por Alemaña e Reino Unido.
Esta nova confirmación súmase ás xa anunciadas anteriormente; así sobre o escenario Estrela Galicia estarán O Último Ke Zierre que optou polo festival do Carballiño para presentar o seu novo disco en primicia en Galicia do mesmo xeito que Dakidarría e Susie Q’s. Tamén actuarán a banda carballiñesa Nube Kingston e 33 Malandras, que estará por primeira vez na nosa comunidade e cuxa voz feminina foi a gran revelación no Festival Cultura Inquieta 2017.
O ROCKEIRO HOMENAXEADO: FREDDIE MERCURY
A RomeríaRock Arenteiro2018 homenaxeará a Freddie Mercury. Foron os internautas os que decidiron cos seus votos na campaña que puxo en marcha a promotora nas redes sociais que fose el e non outro o artista elixido para ensalzar o próximo 26 de maio no Parque Municipal do Carballiño. O líder da mítica banda de rock británica Queen impúxose con solvencia sobre outros candidatos de relevancia internacional como Janis Joplin, Lemmy ou David Bowie.
SAEN Á VENDA AS ENTRADAS FÍSICAS
Os interesados en asistir ao festival xa poden adquirir as entradas físicas a un prezo de 13€ + gastos de xestión nos seguintes puntos de emisión:
- Sede Afundación da Coruña, situada en Cantón Grande 8
- Sede Afundación Vigo, situada en Policarpo Sanz 26
- Sede Afundación Santiago de Compostela, situada en Rúa do Vilar 19
- Sala de Exposicións Sede Afundación de Ourense, situada en Praia Maior 4
Proximamente tamén se poderán adquirir nos establecementos Fuchela do Carballiño e Arkham Galiza en Cangas do Morrazo.
Sinalar que os billetes xerais pódense comprar en liña, tanto a través da súa páxina web arenteiro. romeriarock. com como do portal ataquilla. com, a 13€ + gastos de xestión e os tickets que inclúen estancia no Cámping Municipal do Carballiño, que abrirá especialmente para os asistentes á RomeríaRock durante a noite do venres e do sábado, tamén se poden adquirir polo mesmo medio con opción de varios bonos.
- Pack 2 Entradas xerais + 1 tenda: 40€ + gastos
- Pack Premium: 2 entradas xerais + Bungaló 2 prazas cama 150cm: 60€ + gastos
- Festifurgo pack: 2 entradas xerais e parcela no cámping para autocaravana ou camper: 50 € + gastos.
As entradas poderanse adquirir o mesmo día do evento en despacho de billetes a un prezo de 16€.
NOVOS COLABORADORES
Telecaster Events confirmou que contará cun novo colaborador para a cita do Carballiño: Johnnie Walker. A marca de bebida decidiu estar presente na RomeríaRock o próximo 26 de maio.
Tanto organizadores como colaboradores convidan a todo o mundo a participar no festival, que conta co respaldo do Concello, Estrela Galicia e Gadis. “Trátase dun festival familiar e diúrno, no que non faltará a gastronomía, a veneración ao rock e a mellor cervexa”.
MÁIS INFORMACIÓN
RomeríaRock Arenteiro Gabinete de comunicación Telecaster Events prensa@telecasterevents.com Arenteiro. romeriarock. com www.telecasterevents.com
tlf 637022462