130 atletas procedentes de prácticamente todas as comunidades autónomas españolas, así como de Portugal, participarán este sábado na cuarta edición da carreira Carballiño-Santiago, que terá un recorrido de 102 km, e que durará 24 horas, con dúas etapas diferenciadas: O Carballiño-Lalín (44 km) e Lalín-Santiago (58 km), e que tamén pasará polas localidades de Silleda e Bandeira.
Nesta proba, que organiza o Club Atletismo Carballiño, hai inscritos 15 corredores portugueses, e o resto de Canarias, Cataluña, Cantabria, Comunidade Valenciana, Andalucía; Madrid e Galicia, entre outras.
A saída está prevista para as 7 da mañá deste sábado, 9 de marzo, desde a Praza da Veracruz, e a chegada á mesma hora do domingo, 10 de marzo, á Praza do Obradoiro.