Uns 250 escolares de 3º e 4º de primaria dos tres colexios da vila, así como os membros de Aspadisi, asistiron hoxe ao espectáculo dos Quinquilláns “Espantallo Amigo”, que tivo lugar no auditorio municipal Manuel María, organizado polo servizo de Normalización Lingüística da área de Educación do Concello do Carballiño.
Previamente a este acto, ao que asistiu a concelleira de Educación, Guadalupe Sobrado, se lle entregou a cada escolar un exemplar do libro de Xosé Neira Vilas “Espantallo Amigo”, co obxectivo de realizar actividades vencelladas coa publicación.