“Envellecendo en Ourense, Envellecendo en Positivo”, é o lema baixo o que a concellería de Medio Rural, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, organiza catro charlas co obxectivo de axudar á xente maior do rural a envellecer en positivo.
As charlas celebraranse os luns do mes de febreiro nos centros sociais das parroquias de Mesego (3 de febreiro), O Torrón (10 de febreiro), Santa Uxía de Lobás (17 de febreiro) e Mudelos (24 de febreiro). Terán lugar pola tarde, en horario de 16,00 a 17,30 h.
Un total de dezasete parroquias participan nesta inciativa, e todas as persoas interesadas deberán anotarse na asociación veciñal á que pertencen.
Na actividade do local social de Mesego participarán as asociacións veciñais de Mesego, Sagra, Banga e Cabanelas.
Na actividade do local social do Torrón participarán as asociacións de veciños do Torrón, Señorín, Partovia, San Fiz do Barón e Arcos.
Na actividade do local social de Santa Uxía de Lobás participarán as asociacións veciñais de Santa Uxía, A Piteira, Pol, Seoane e A Uceira.
E na actividade do local social de Mudelos participarán as asociacións veciñais de Mudelos, Veiga e Madarnás.As xornadas consistirán en desenvolver actividades como risoterapia, xogos imitativos e expresivos, así como outras dirixidas a facilitar un envellemento en positivo.