A Asociación fotográfica O Potiños desenvoveu hoxe un novo curso de iniciación e seguimento de fotografía dixital. Ïa dirixido a persoas de 10 anos en adiante e incluiu a novedade de revelado de fotografía analóxica.
O obxectivo era, ademais de ensinar a técnica de fotografía dixital, explicar o proceso de revelado de fotografía analóxica, que xa apenas se usa pero que resulta instructivo para coñecer a evolución da técnica fotográfica.
O curso levouse a cabo na sede que ten este colectivo en Partovia, entre as 10 da mañá e as 2 da tarde, e programouse unha saída para realizar fotografías no exterior.