A Asociación Fotográfica O´Potiños abriu a exposición da iniciativa “Pon unha foto na rúa”, desenvolvida o pasado 26 de maio, e que estará na vidrieira dun local da rúa do Paseo ata o mes de xullo. Trátase de cen instantáneas realizadas polos integrantes do colectivo aos veciños e veciñas que quixeron retratarse. Ao termo da exposición, seranlle entregados os retratos ás persoas que posaron.
OBRADOIRO
Por outra parte, O´Potiños convoca para o día 30 de xuño un obradoiro de fotografía, que se enmarca dentro do Curso de Perfeccionamento da Fotografía, que se desenvolverá no local do colectivo en Partovia. O obradoiro vai dirixido especialmente aos fotógrafos máis mozos, pero é aberto a todas as idades.