A exposición de fotografías realizadas recentemente pola Asociación Fotográfica O´Potiños con motivo da iniciativa “Pon unha foto na rúa”, atópase desde onte nun local da rúa do Paseo, onde permanecerá durante os meses de xullo e agosto.
Ao remate da mostra, as fotos seranlle entregadas ás persoas que a protagonizan e que posaron para os integrantes do colectivo fotográfico carballiñés.
A ASOCIACIÓN O´POTIÑOS AMOSA NA RÚA DO PASEO PRETO DUN CENTO DE FOTOGRAFÍAS DA INICIATIVA “PON UNHA FOTO NA RÚA”
