O templo da Veracruz, o parque municipal, o balneario e as rúas da vila son, entre outros lugares, así como xentes do Carballiño, algúns dos obxectivos retratados polos participantes no Maratón Fotográfico do pasado mes de maio que organizou a Asociación Fotográfica O´Potiños.
Unha selección destas imaxes figura na exposición que se abriu onte no concello e que pode visitarse durante este mes de xullo. Son máis de cincuenta fotografías pertencentes a unha ducia de autores e autoras, que foron seleccionadas de entre a totalidade de participantes no maratón.