O venres 11 de xaneiro celébrase o Día do Usuario das Bibliotecas, e por iso a Biblioteca municipal conmemorará esta efeméride promovendo visitas guiadas do alumnado de infantil e primaria dos centros educativos do Carballiño.
O obxectivo é dar a coñecer as posibilidades da sección infantil e a nova programación de actividades prevista para este ano 2019, e que ten como cometido a dinamización da sala infantil da biblioteca púbica.
Por outra parte, e dentro desta campaña de dinamización da lectura, a partir desta semana, todos os luns e mércores, de 17,30 a 19,00 h., permanecerá aberta con carácter regular a sala infantil da biblioteca.