A Biblioteca Pública Municipal abrirá mañá, mércores 22 de maio, no seu horario habitual de mañá e tarde, pese a ser a Festividade de Santa Rita, patrona dos funcionarios e, polo tanto, día de libranza para os traballores municipais.
Esta medida tómase debido á afluencia de estudantes pola tempada de exames, polo que desde a dirección da biblioteca decidiuse a apertura da mesma pese a esta festividade.
LECTURA TEATRAL NO ASILO
Por outra parte, tamén mañá, mercores 22, ás 16,30 h., o alumnado e a directora da aula de teatro do Instituto Chamoso Lamas, en colaboración coa biblioteca, realizará unha lectura da obra de Castelao “Os vellos non deben de namorarse” no Asilo do Carballiño.
Esta actividade complementa a iniciativa levada a cabo a semana pasada co gallo das Letras Galegas, e o compromiso de realizar a lectura dramatizada desta obra nesta institución carballiñesa.