A Biblioteca Pública municipal, cuxo horario pola mañá en días laborables é de luns a venres, de 10,00 a 13,30 h., amplía este horario de apertura unha hora e media, co obxectivo de dar máis tempo de estudo aos estudantes durante a tempada dos exames. Así, este novo horario será de luns a venres, de 08,30 a 13,30 h. O horario da tarde e do sábado permanece invariable, de 17,00 a 20,30 h. e de 10,00 a 13,30 h., respectivamente. Tamén permanece invariable o horario da sala infantil que é de luns a venres, de 17,30 a 19,00 h.
OBRADOIROS DE SEMANA SANTA
Por outra parte, a sala infantil da bilblioteca mantén aberta a inscrición para participar nos tres obradoiros que se desenvolverán durante os días laborables de Semana Santa.
Estes obradoiros son:
-Luns, 15 de abril. Contacontos para nenos e nenas de 3 a 6 anos. Horario: de 11,00 a 12,00 h.
-Martes 16 de abril. Obradoiro de rimas e adiviñas para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Horario: de 11,00 a 12,00 h.
-Mércores 17 de abril. Obradoiro de xogos para nenos e nenas de 4 a 10 anos. Horario: de 11,00 a 12,00 h.
-E o martes 23 de abril, co gallo do Día do Libro. Ginkana infantil para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Horario: de 18,00 a 19,00 h.
Para todas as actividades hai que inscribirse na Biblioteca Pública Municipal, no email biblioteca@carballino.gal ou no Facebook da biblioteca pública municipal.