A Biblioteca Pública Municipal permanecerá pechada o próximo luns, 16 de abril, durante todo o día, por necesidade das obras de reforma que se levan a cabo nos servizos e a planta baixa da Casa da Cultura. Concretamente, ese día está previsto colocar as novas placas do piso da planta baixa, polo que non será posible acceder á biblioteca.
Pedimos disculpas aos usuarios e usuarias polas molestias ocasionadas.