A sección infantil e xuvenil da biblioteca municipal ten programados para esta próxima semana tres novos obradoiros dirixidos a nenos e nenas de 4 a 11 anos.
Os obradoiros desenvolveranse en horario de 17,30 a 19,00 h., e son os seguintes:
-Luns, 4 de xuño, obradoiro de monstruos de pedra.
-Martes, 5 de xuño, obradoiro de marionetas.
-Mércores, 6 de xuño, obradoiro de globos de animais.
Como as prazas son limitadas, hai que inscribirse na páxina inscribeteenactividades@gmail.com
A BIBLIOTECA MUNICIPAL PROGRAMA TRES NOVOS OBRADOIROS NA SECCIÓN INFANTIL E XUVENIL PARA ESTA PRÓXIMA SEMANA
