A sección xuvenil e infantil da biblioteca municipal programa para este mes de xullo diversas actividades dirixidas a nenos/as mozos e mozas, así como un obradoiro para adultos, que terán lugar a partir do día 8 e para os que é necesario inscribirse previamente no email ou no Facebook da biblioteca.
Trátase dun obradoiro de comprensión lectoral para nenos e nenas de 6 a 9 anos e outros de 9 a 12 anos. Contacontos e xogos para nenos e nenas de 3 a 9 anos. Un obradoiro de debuxo e pintura para nenos e nenas de 3 a 6 anos, e outro para nenos e nenas de 6 a 9 anos. E finalmente, un obradoiro de gimnasia cerebral para persoas mayores de 40 anos.