• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

A CANTANTE NOEMÍ DURO OFRECERÁ UN CONCERTO DE PRESENTACIÓN DA SÚA PRIMEIRA MAQUETA DISCOGRÁFICA O 28 DE MARZO NO AUDITORIO

12 marzo, 2020

A CANTANTE NOEMÍ DURO OFRECERÁ UN CONCERTO DE PRESENTACIÓN DA SÚA PRIMEIRA MAQUETA DISCOGRÁFICA O 28 DE MARZO NO AUDITORIO

A cantante carballiñesa Noemí Duro acaba de grabar a súa primeira maqueta discográfica, e con tal motivo vai ofrecer un concerto de presentación o próximo 28 de marzo, ás 20,30 h., no auditorio municipal Manuel María.

A entrada para este espectáculo, que é de carácter solidario, terá un custo de 1€, e a recadación irá íntegramente á asociación Pro Animales Carballiño. As entradas poden adquirirse no Bar A Solaina, e o dia do concerto na billeteira do auditorio municipal.

Así mesmo, antes do comezo do espectáculo, na entrada do auditorio, as persoas que o desexen poderán adquirir a maqueta, que contén catro temas interpretados por Noemí co acompañamento de Edel Orta (piano), Diego Valero (batería), Kely García (guitarra) e Diana Tarín (coros).

Os temas da grabación son: Baby I´m  a fool, de Melody Gardot; Uncover, de Zara Larsson; Perdóname, e Lo haré, este último composición da propia Noemí.

A presentación deste concerto tivo lugar no salón de plenos do concello coa asistencia do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e Noemi Duro.

Diego Fernández dixo que se trata dunha nena de 11 anos, que é un auténtico orgullo para O Carballiño, e un modelo a seguir polo alumnado do Conservatorio Municipal de Música, no que estudia Noemí Duro. Felicitou á cantante e á súa familia, e amosou a disposición do concello para colaborar tanto na promoción deste concerto como en calquera outra clase de axude que necesitase.

Noemí Duro, que quedou segunda clasificada no programa da TVG “Pequenos fenómenos”, dixo que lle gustan diversos estilos musicais, pero sobre todo a música pop, así como o jazz, e que a súa aspiración é poder vivir algún día da música.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos