A LA SOMBRITA é a única compañía especializada na técnica de sombras e a
iluminación de títeres en Andalucía e unhas das poucas de España, e o sábado 16 de febreiro, ás 17,30 h., traerá ao auditorio municipal do Carballiño a obra teatral infantil “El Tesoro de Barracuda”, dirixida especialmente ao público familiar e infantil de 5 a 11 anos. A entrada para o espectáculo terá un custo de 3,50 euros.
Este espectáculo realízase en virtude do convenio de colaboración dentro da Rede de Teatros de Galicia e Agadic.
Sinopse:
Nesta tarde de teatro, que tal un paseiño en barco? E unha historia de piratas? Pois teremos as dúas cousas.
Esta historia é a do capitán Barracuda e os seus piratas, de illas remotas, de tesouros que son libros e de libros que son un tesouro. Viaxaremos polo Caribe, atravesaremos tormentas, enfrontarémonos a truán, bailaremos en festas e durmiremos baixo as estrelas.
Barracuda e os seus levan anos buscando o famoso tesouro do pirata Phineas Krane. Pero, cando o atopan, resulta ser só un libro… Pero, que vai facer un grupo de piratas analfabetos cun libro? Aquí empeza a nosa historia, na que os piratas máis fieros do Caribe terán que aprender a ler, e deberán espabilarse si queren, finalmente, atopar o verdadeiro tesouro. No camiño, descubrirán tantas cousas que as súas vidas cambiarán para sempre.
Todo isto contaránolo Chispas, o grumete do Cruz do Sur, o galeón pirata de Barracuda.
Preparádevos para a aventura, que ¡partimos!
Ficha artística:
Autor: José Diego Ramírez
Dirección e Dramaturxia: Llanos Campos Martínez
Guión e Dirección Técnica: José Diego Ramírez
Debuxos de Siluetas: Concha Jiménez
Música orixinal: Sulpicio Molina
Realización de títeres e efectos de luz: José-Diego Ramírez
Axudante Taller: Manuel Rodríguez
Construcción Escenografía: Isa Soto
Actor-Manipulador: José-Diego Ramírez
Asesor de Voz: Chema del Barco
Comunicación: Ángela Lora
Producción executiva e distribución: Luz Riego
Traxectoria:
A LA SOMBRITA, nace como compañía de títeres e marionetas no ano 2000,
especializándose no teatro de sombras. Nestes anos realizou 6 produccións de sombras (A Señorita Ofelia 2001, Sol e Sombra 2005, Historias Asombrosas 2006, O Príncipe
que non sabía xogar 2007, O Fabricante de Sombras 2008 e O Patiño Feo 2009) ademais de varios traballos de deseño de iluminación e construción para outras compañías, impartindo cursos para profesionais de Teatro de Sombras e Iluminación para Títeres.
En xaneiro de 2009 abre a primeira sala de títeres de sombras en Andalucía: Salita Pocas Luces, organiza a 1ª e 2ª Mostra Internacional de Titiriteiros solistas e o primeiro Festival do Títere “Cidade do Sol”.
Premio 2009 á mellor empresa “Creativo-Cultural” pola Rede Andalucía Emprende.
A LA SOMBRITA é a única compañía especializada na técnica de sombras e a
iluminación de títeres en Andalucía e unhas das poucas de España.
O noso principal obxectivo é a luz, e na súa consecuencia, as sombras –aseguran desde a compañía-. Levamos anos
investigando o mundo da iluminación adaptada ao títere. Incorporando sutilmente as novas tecnoloxías, sen perder o artesanal e efémero do espectáculo de sombras, conseguimos un orixinal estilo de comunicación, nunha das máis antigas formas de realizalo.