Esta representación enmárcase no convenio que ten subscrito o concello do Carballiño con AGADIC, e o prezo da entrada é de 3,50€.
SINOPSE
Todos os nenos crecen, menos un, Peter Pan. A nena Wendy deixa a súa casa e marcha, voando con Peter Pan e Campanilla, ao País de Nunca xamais, unha illa máxica, cos nenos perdidos, as fadas e as sirenas, para vivir fantásticas aventuras en compañía dos indios, pelexando cos piratas e o seu capitán, Garfio. Finalmente, Wendy regresa a casa cos nenos perdidos. Peter Pan volverá, pasados os anos, ao chegar a festa de primavera e, se non se esquece, levará á filla de Wendy ao País de Nunca xamais. Cando a nena creza, terá unha filla que á súa vez irá ao País de Nunca xamais e así sucederá sempre, mentres os nenos sigan sendo alegres, inocentes e crueis.