A compañía TÍTEREFICCIÓS representará este domingo, 13 de maio, no auditorio municipal, a obra de teatro para bebés “CHOVE!”. Esta obra, que conta coa colaboración de Agadic, vai dirixida a bebés de ata 4 anos, e o prezo da entrada é de 3,50€. Haberá dúas sesións, ás 17,00 e 18,00 h., cun máximo de vintecinco bebés máis acompañante por cada sesión.
SINOPSE
O amparo dos paraugas, brincar nas pozas e charcos, o divertido da choiva… todo o que é cousa dela e que tanto nos gusta: a herba, as árbores, as flores, as hortas, os alimentos, as paisaxes verdes, etc. Dúas personaxes que ensinan ao público con xogos, bailes e enredos, que cantidade de cousas nos trae a choiva, antes e despois de que ela veña ou marche. En fin, referímonos á choiva non podemos saír, xogar…!
Espectáculo feito para a primeira infancia respectando os seus estímulos, tempos e xeitos de asimilación, suración e achegamento aos elementos empregados na representación.