O concello do Carballiño, a través da concellalía de Medio Ambiente, procede estes días á reforma do xardinciño da Praza da Constitución, situado na parte traseira da casa consistorial.
Trátase dunha reforma integral, que contará con rego e un novo deseño de xardín combinando pedra rocalla, cáscara de piñeiro e césped, así como cunha variedade de plantas de tempada en diferentes tonalidades de verde e flores rosas e violetas.
Asemade, vaise substituir a placa de homenaxe ao que fora o último alcalde do Carballiño na República, e que morreu asasiñado en 1936, Aquilino Sánchez, por outra nova, xa que a anterior estaba moi deteriorada.
En canto se remate este traballo, comezará nos próximos días a reforma do xardín que está na Praza do Cercis, na rúa Aldara, que tampouco conta con rego automático. Realizarase un deseño de xardín en tonalidades ocres para resaltar as características desta árbore.
Con estas reformas e a recente plantación de novas árbores na Avenida Xullo R. Soto, a concellalia de Medio Ambiente, que coordina Érika Paz, comezou o programa de mellora e embelecemento dos espazos públicos e zonas verdes do Carballiño de cara a esta tempada de primavera e próximo verán.
Nos proxectos, ademáis da vistosidade, tense moi en conta o seu mentemento, por iso se introduce o rego automático e outros elementos que facilitan este labor.