A concellería de Benestar Social prosigue coas reunións de coordinación cos axentes que interveñen nas tarefas de prevención e axuda nos casos de asistencia social referidos ás persoas maiores que viven soas. O obxectivo é poder elaborar un censo destas persoas para facer efectiva a prevención e a axuda en caso de necesidade.
Representantes dos servicios sociais municipais, policía local, centro de saúde, protección civil e servizo informático municipal reuníronse coa concelleira Marina Ortega para ultimar a posta en marcha deste censo, que incluirá só a aquelas persoas maiores que vivan soas e se inscriban de forma voluntaria nos servizos sociais do concello.
No eixo central da elaboración deste censo figura o establecemento dun protocolo coordinado de información entre os axentes implicados para poder prestar axuda e realizar, fundamentalmente, labores de tipo preventivo.