Co obxectivo de concienciar ás mulleres do rural na igualdade, empoderamento e estereotipos de xénero, a concelleria de Benestar Social, Igualdade e Sanidade do Concello do Carballiño, a tavés do Centro de Información da Muller (CIM), comeza este venres, 3 de maio un ciclo de xornadas que levan por titulo “A muller de onte e de hoxe. Que queremos para mañá?” Estas xornadas estarán dirixidas por unha psicóloga.
A primeira xornada desenvolverase no local social da parroquia de Santa Uxía, e as seguintes tamén se celebrarán nos locais sociais das AAVV. Así, o 8 de maio terá lugar a segunda xornada en Mesego. En Arcos será o día 10 de maio. En Mudelos o 15 de maio. En Seoane o 23 de maio e no Torrón o 24 de maio.
As persoas interesadas en asistir a estas xornadas poden anotarse nas súas respectivas asociacións de veciños, onde tamén lles ampliarán a información relativa a estas convocatorias.