A concellería de Medio Ambiente, en colaboración con Ecovidrio, porán en marcha este domingo, 18 de febreiro, una nova campaña sobre a reciclaxe dos envases de vidrio. Según a concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz, trátase de aproveitar una celebración como a da Festa da Cachucha para incidir na necesidade dun uso correcto na recollida dos envases de vidrio e, ao mesmo tempo, promover a sostibilidade medioambiental das festas, que solen ser as que xeran máis residuos sólidos, específicamente, envases de vidrio.
Por este motivo, o domingo instalarase una carpa na Praza Maior que terá un dobre obxectivo; por una banda, informar sobre a reciclaxe, pero tamén, por outra, ofertar a posibilidade de intercambiar envases por agasallos. Para isto, haberá una mascota ben visible coa finalidade de atraer a atención da xente.
Esta iniciativa complementa outra anterior, tamén coa colaboración de Ecovidio, consistente na entrega de cubos individuais ao sector da hostelaria, que se acoplan nos iglús de recollida do vidrio. Así mesmo, repuxéronse novos iglús con este sistema, denominado “vacri”, para facilitar a recollida dos envases de vidrio polos establecementos hosteleiros.
A concelleria de Medio Ambiente ten solicitado que esta iniciativa se leve a cabo tamén durante outras festas, en especial durante a Festa do Pulpo, que é a festa máis multitudinaria do Carballiño e na que se produce a maior cantidade de residuos de envases de vidrio. Para isto conta coa boa disposición de Ecovidrio, polo que se prevé que a campaña teña continuidade noutras celebracións festivas.