O local social da Asociación de Veciños de Madarnás acollerá este sábado, 15 de decembro, unha xornada micolóxíca, que está organizada pola concellería de Medio Rural e a colaboración de Sustinea.
Esta actividade comezará ás 10,30 h., cunha charla teórica, e ás 11,30 h., realizarase a saída ao monte. Ás 14,00 h., terá lugar o xantar con degustación de cogumelos, e a partir das 16,00 h., realizarase unha exposición.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse chamando aos seguintes números de teléfono: 662 920 244 ou 671 998 506.