A concellería de Promoción Económica inicia o próximo luns, 25 de xuño, a elaboración dunha enquisa para coñecer a situación do comercio local. Esta iniciativa forma parte dun estudio máis amplo dirixido a establecer as fortalezas e debilidades do sector, co obxectivo de perfilar a estratexia do departamento municipal que coordina Adolfo Nogueira nos próximos meses.
A enquisa conta coa colaboración do Centro Comercial Aberto, e será realizada por traballadores e traballadoras do concello, que visitarán a partir deste luns os establecementos comerciantes para entrevistar as comerciantes e clientes sobre distintos aspectos vencellados coas necesidades e perspectivas do sector comercial.