A concellería de Servizos Sociais mantén aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación destinados ás persoas maiores de 65 anos. Impartiranse no Ximnasio Olimpia todos os meses de xaneiro a xuño e de outubro a decembro, cunha cadencia de dous días á semana e unha hora de duración cada sesión. O prezo é de 15 euros, e o número de prazas é de 20.
As persoas interesadas poden inscribirse na área municipal de Servizos Sociais, na rúa Faustino Santalices.