“40 ANOS NON SON NADA (1979-1919)”, é o título do primeiro concerto que ofrecerá este sábado, 6 de abril, a Coral Polifónica do Casino do Carballiño para conmemorar o seu 40 aniversario.
O concerto, que se celebrará no salón de actos do Casino ás 20,30h., coincide coa celebración da Festa da Mimosa que organiza esta entidade social carballiñesa todos os anos por estas datas.