A Corporación Municipal do Carballiño, por consenso de todos os grupos políticos, convoca aos veciños e veciñas a unha concentración contra a Violencia Machista, que terá lugar este domingo, 25 de novembro, ás 19,45 h., na Praza Maior, fronte ao concello.
A continuación, ás 20,00 h., comezará o pleno extraordinario no que, como único punto da orde do día, darase lectura a un manifesto conxunto da Corporación Municipal polo Día Internacional para a eliminación da Violencia Machista.