O concello do Carballiño, en consonancia coas demáis institucións que conforman o Premio Antón Losada Diéguez (Concello do Boborás e Deputacion Provincial de Ourense), así como cos integrantes do xurado, premiados a Patronato da Fundación Antón Losada, tomaron a decisión de retrasar unha semana a entrega dos premios da edición deste ano, debido á coincidencia cos actos da toma de posesión das novas corporacións municipais.
De aí que, en vez do sábado 15 de xuño, os actos da entrega de premios terán lugar en Moldes o sábado 22 de xuño.
Os galardonados na XXXIV edición do premio son, en Creación Literaria, Héctor Cajaraville, coa obra “Nova Nursia”, e en Investigación e Ensaio, Carlos Castelao, coa publicación titulada “As orixes da fotografía en Galicia”.