A Escola Municipal de Teatro ofrecerá este sábado, 5 de maio, a mostra de fin de curso nas tres seccións que a compoñen: infantil, iniciación e perfeccionamento. A gala terá lugar no auditorio Manuel María partir das 20,30 h.
A sección de Iniciación representará a obra de Clara Gayo “Razóns de peso”, e a de Perfeccionamento realizará unha adaptación da obra de Eugène Ionesco “A cantante calva”.
A entrada é de balde e aberta a todo tipo de público.