A escritora María José Rodríguez presentará este venres a súa novela “Por amor a ti, meu fillo” sobre a violencia de xénero. O acto celebrarase no salón de sesións do concello ás 20,00 h., e culmina o programa de actividades desenvolvido pola concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional da Muller.
“Por amor a ti, meu fillo” é unha novela curta sobre a violencia de xénero, que vai pola terceira edición e leva vendidos máis de mil exemplares en Galicia e Portugal. A novela foi editada pola Editorial Âncora de Lisboa, sendo a primeira publicación que fai dun libro en galego.
Tras presentala en diversas localidades de Galicia e Portugal, María José Rodríguez o fará este venres, 9 de marzo, en O Carballiño, pechando o programa de actividades polo Día Internacional da Muller.
A autora asegura que “é unha novela feita con moito amor, o meu fillo realizou as fotografías que logo converteu en ilustracións e eu o texto que saíu desde o corazón cunha historia de malos tratos que non deixa indiferente”.