• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

A I FASE DA COPA DE ESPAÑA DE PATINAXE FREESTYLE CONGREGARÁ ESTA FIN DE SEMANA NO CARBALLIÑO AOS MELLORES PATINADORES E PATINADORAS NACIONAIS DE QUINCE CLUBES E ONCE COMUNIDADES AUTÓNOMAS

3 abril, 2019

A I FASE DA COPA DE ESPAÑA DE PATINAXE FREESTYLE CONGREGARÁ ESTA FIN DE SEMANA NO CARBALLIÑO AOS MELLORES PATINADORES E PATINADORAS NACIONAIS DE QUINCE CLUBES E ONCE COMUNIDADES AUTÓNOMAS

O Carballiño, xunto con Madrid, son as únicas sedes da primeira fase da Copa de España de Patinaxe Feestyle, que se celebra esta fin de semana na vila do Arenteiro e que foi presentada esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega, e o presidente do Club AEHDE, Uxío Álvarez. A competición correspondente á sede madrileña terá lugar o 27 e 28 de xuño.

A cita do Carballiño será o sábado e o domingo, 6 e 7 d abril, e congregará no pavillón de deportes Paco Chao aos mellores patinadores e patinadoras nacionais pertencentes a 15 clubes de 11 comunidades autónomas. En total, a esta competición acudirán 133 deportistas, que foron os que pasaron o corte.

Como aliciente destas xornadas deportivas do Carballiño, confírmase a presencia da campiona do mundo de salto, o moañesa Marina Oliveiras.

Arredor de 500 persoas asistirán ao evento, e unas 300 pernoctarán o sábado nos hoteis da vila, co que se garante unha gran ocupación hoteleira durante esta fin de semana, según confirmou o presidente do Club AEHDE, organizador desta fase.

Uxío Álvarez amosouse orgulloso e agradecido por que O Carballiño sexa a primeira sede de Galicia na que se celebra unha proba de rango nacional, o que da conta da evolución do patinaxe carballiñés e da estrutura do Club AEHDE. Ao respecto, asegurou que cando lle presentaron o proxecto á Federación Española recibiu de inmediato os parabéns, moi por riba doutras propostas efectuadas por cidades.

Destacou, asi mesmo, o apoio do concello e das e dos deportistas e familiares integrados no club, e que sen eles non sería posible organizar un evento de tal envergadura e prestixio. Tamén agradeceu a colaboración das institucións e empresas patrocinadoras, asi como da Escola Municipal de Danza, que vai a realizar dúas exhibición ao remate da xornada do sábado e do domingo.

Francisco Fumega recalcou a importancia para O Carballiño desta cita deportiva de rango nacional que, ademáis de dinamizar o sector hoteleiro e a hostalería durante a fin de semana, supoñía unha excelente promoción turística. Por eso felicitou ao club AEHDE e, especialmente, ao seu presidente.

A competición comezará o sábado ás 09,00 h., e prolongarase ata as 18,00 h. E o domingo desenvolverase entre as 09,00 e as 14,30 h.

O club organizador remitiu a todos os clubes participantes unha ampla información sobre hoteis, restauración e recursos turísticos do Carballiño co obxectivo de que os visitantes poidan ter a mellor referencia sobre a vila.
Algúns hoteis teñen prácticamente reservadas a totalidade das prazas e tamén teñen plena ocupación os bungalows do camping municipal.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos