Tras ser presentado no colexio Calvo Sotelo, a mascota da sección infantil da biblioteca municipal, o Polbiño Maritño, o fixo nos demáis centros educativos públicos do Carballiño: o Campo da Feira e A Uceira. Foi unha actividade promovida pola coordinadora da biblioteca, Teresa Fernández, co obxectivo de achegar aos nenos e nenas a este servizo municipal, e dar a coñecer as actividades programadas para as próximas semanas.
Nestas sesións, que se realizaron gracias á colaboración das direccións dos respectivos centros educativos, participaron ducias de escolares, que disfrutaron coa historia desta mascota.
A presentación consistiu nun contacontos no que se relata a xénese do Polbiño Martiño e o seu significado tanto para a sección infantil da biblioteca municipal como para O Carballiño.
A finalidade desta campaña de promoción reside na necesidade de familiarizar aos nenos e nenas cos libros e a biblioteca municipal dun xeito lúdico.