A Mesa de coordinación para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero mantivo a reunión correspondente ao mes de xuño, que é a primeira do ano, co fin de valorar a situación ao respecto.
A reunión, que se celebrou onte no salón de sesións do concello, estivo presidida pola concelleira Marina Ortega, e nela participaron representantes do Centro de Información da Muller, da Garda Civil, Policía Local, Cruz Vermella e do Centro de Saúde, entre outras entidades que forman parte desta mesa e cuxo obxetivo é valorar a situación para mellorar a atención ás vítimas por violencia de xénero.
A MESA DE COORDINACIÓN PARA A MELLORA DA ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO REUNIUSE PARA VALORAR A SITUACIÓN
