• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento
Turismo
Fiesta del Pulpo

A OFERTA TERMAL, A GASTRONOMÍA E O PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL, PRINCIPAIS PROPOSTAS DO CARBALLIÑO EN FITUR

24 enero, 2020

A OFERTA TERMAL, A GASTRONOMÍA E O PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL, PRINCIPAIS PROPOSTAS DO CARBALLIÑO EN FITUR

O concello do Carballiño expuxo na Feira Internacional de Turismo “Fitur”, que se celebra en Madrid, as súas propostas para a promoción do turismo durante este ano 2020, e que son: a oferta termal, a gastronomía e o patrimonio natural e cultural.

Nun acto que tivo lugar hoxe no stand de Galicia, e dentro dunha iniciativa do Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño, o teniente alcalde e concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, falou das propiedades terapéuticas das augas dos balnearios carballiñeses, en contraposición a outras ofertas termais baseadas máis no relax que na curación de doenzas. Destacou o proceso de modernización recente do Balneario das Caldas de Partovia, e a ampliación das instalacións que vai acometer o Gran Balneario segundo un proxecto do presitixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura.

“Temos dous balnearios: o Gran Balneario e o de Caldas de Partovia, e unha fonte termal pública: o Bañiño de Arcos. A principal característica destes mananciais reside nas propiedades das súas augas. Esta é a gran diferenza do Carballiño con respecto a outro tipo de ofertas termais, máis vinculadas a actividades de relax que ao tratamento terapéutico de determinado tipo de doenzas. Son augas indicadas para procesos dermatolóxicos, hepáticos, gastrointestinales, respiratorios, circulatorios e de metabolismo, entre outros, e que durante moitos anos contribuíron a que os nosos balnearios teñan unha boa consideración tanto por parte do colectivo médico como dos usuarios”, dixo Manuel Dacal.

“O Balneario de Caldas de Partovia é unha instalación moderna que ofrece os servizos termais máis vangardistas. A súa historia remóntase á época romana, pero a súa configuración actual é moi recente, e os seus baños teñen un sinal de calidade acorde coas esixencias actuáis”, seguiu dicindo o concelleiro, e “o Gran Balneario inaugurouse no ano 1900, pero está a piques de comezar as obras dun ambicioso proxecto de ampliación e modernización das súas instalacións. É un proxecto deseñado polo prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura en dúas ocasións. O elemento máis simbólico do proxecto é unha piscina cuberta cunha cúpula acristalada que permitirá ver a magnífica paisaxe do río Arenteiro e do propio parque do balneario mentres se goza do baño”.
Según Manuel Dacal, “son melloras que incidirán na revalorización dos nosos recursos termais, e que nos situarán na vangarda dos balnearios de Galicia”.

XEODESTINO O RIBEIRO-O CARBALLIÑO
O concelleiro compartiu o estrado co presidente do xeodestino O Ribeiro-O Carballiño, Francisco Fernández; o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuelo Casares, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. E tamén se referiu aos tres pilares que sosteñen, xunto co termalismo, a oferta turística do Carballiño, como son: a gastronomía, o patrimonio natural e o cultural.
Así, falou da Festa do Pulpo, do Parque Municipal, do conxunto etnográfico do Arenteiro e dos sendeiros.
Dixo que se está ultimando a elaboración do programa da 58 Festa do Pulpo coa perspectiva de acadar este ano a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, cuxos criterios para a concesión foron modificados recentemente polo Ministerio de Comercio, Industria e Turismo.

PÁXINA WEB DA FESTA DO PULPO EN INGLÉS
Entre os novos requisitos figura que a festa conte cunha páxina web propia e que estea traducida ao inglés.
Neste sentido, Manuel Dacal asegurou que hai uns días completouse a traducción ao inglés da páxina www.festadopupodocarballino.com , polo que xa se cumple este criterio, e que polo tanto xa non debería haber impedimento para que a Festa do Pulpo poda conseguir este ano a internacionalidade.

Durante a exposición da proposta termal e turística do Carballiño, proxectáronse nunha gran pantalla imaxes dos balnearios e dos principais recursos turísticos carballiñeses.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos