Debido ás obras que se levan a cabo actualmente no parque infantil da Alameda, e que afectan á Oficina de Turismo situada nesta praza, durante esta Semana Santa a oficina estará aberta ao público na segunda pranta da casa consistorial.
Do luns, 15 de abril, ao domingo, 21 de abril, incluidos os días festivos, unha persoa técnica de turismo atenderá esta oficina en horario de 10,00 a 14,00 h., e de 16,00 a 20,00 h.