A ordenanza do IBI, xunto con oito mocións, serán os temas principais da próxima sesión plenaria municipal, que se celebrará este venres, 4 de outubro, ás 19,00 h.
Espazo Común presenta catro mocións sobre retraso da obra da Alameda, expediente da rebaixa do IBI, problemática comunal de Arcos, e impostos, multas e taxas incobradas.
O PP presenta dúas mocións sobre reclamación de transferencias do Estado derivadas dos ingresos e regulación do uso de espazos culturais e deportivos.
O BNG presenta dúas mocións sobre a municipalización de servizos e o plan único da Deputación.
A ORDENANZA DO IBI E OITO MOCIÓNS, ENTRE OS TEMAS PRINCIPAIS DO PLENO MUNICIPAL DESTE VENRES, 4 DE OUTUBRO
