• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

A PROGRAMACIÓN DO ARENTEIRO FOTOGRÁFICO ACADA O SEU PUNTO ÁLXIDO ESTA FIN DE SEMANA COA MASTER CLASS DA FOTÓGRAFA CRISTINA GARCÍA RODERO

21 noviembre, 2019

A PROGRAMACIÓN DO ARENTEIRO FOTOGRÁFICO ACADA O SEU PUNTO ÁLXIDO ESTA FIN DE SEMANA COA MASTER CLASS DA FOTÓGRAFA CRISTINA GARCÍA RODERO

A Asociación Fotográfica O´Potiños, organizadora do Arenteiro Fotográfico, que se está desenvolvendo no Carballiño durante este mes de novembro, terá esta próxima fin de semana unha das actividades máis destacadas da súa programación, e, seguramente, da súa traxectoria.
Trátase da master class que impartirá o sábado e o domingo, 23 e 24 de novembro, a fotógrafa Cristina García Rodero, unha das profesionais españolas con máis sona.

A gran expectación que suscitou esta iniciativa, motivou que se tivese que ampliar o número de prazas dispoñibles, que era inicialmente de 35 ou 40, e que ao final quedou en 50, pero deixando fóra a un elevado número de solicitudes chegadas de toda Galicia e Portugal.
O curso terá lugar no Aparthotel Arenteiro, cunha duración de doce horas; o sábado, de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h., e o domingo, de 10,00 a 14,00 h.

Entre os obxectivos figuran «aprender a mellorar a construción dun relato fotográfico utilizando a cámara como vehículo de indagación e aproximación ao mundo. O enfoque dun tema, o fío condutor, a importancia da creación, o desenvolvemento dunha linguaxe visual propia» e aprender a buscar «no mundo interior a través do exterior para o desenvovemento dun estilo propio e a narrar historias con imaxes creando os nosos propios proxectos».

Nada en Puertollano, Ciudad Real, vive en Madrid desde 1968. Ten recibido numerosos premios nacionais e internacionais, entre outros, Premio W. Eugene Smith de Fotografía Humanista, Nova York, 1990; Premio Dr. Erich Salomón, Colonia, 1990; World Press Photo na categoría de arte, Ámsterdam, 1993; Premio Nacional de Fotografía, Madrid, 1996; Premio Godó de Fotoperiodismo, Barcelona, 2000; Medalla de Oro al Mérito a las Bellas Artes, 2005; Premio PhotoEspaña 2017 e Doctor honoris causa pola UCM 2017.

Asimesmo, ten exposto a súa obra nas mellores galerías e museos do mundo, como o MOMA de Nova York; na 49 e 51 Biennale di Venezia, no Museo do Prado, ou no Museo Nacional Centro Reina Sofía, por citar algunhas.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos