México, Venezuela, Estados Unidos, Inglaterra, Xapón… Son algúns dos países aos que se lles dedica unha nova xornada da Ruta das Tapas, que se celebrará este venres, 6 de abril, e o segunite, 13 de abril,nos dezaseis locais hostaleiros que participan nesta iniciativa.
O evento foi presentado este mediodía polo alcalde, Franciso Fumega; o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares; a relación públicas da adega Pazo Tizón, Sara López, e representantes dos establecementos, que expuxeron unha mostra dos pinchos que se poderán degustar nesta xornada.
Durante a presentación fíxose fincapé no carácter da emigración carballiñesa e, polo tanto, na conveniencia de dedicarlle a ruta aos países de destino dos emigrantes. Así mesmo, animouse unha vez máis aos veciños e visitantes a percorrer os locais e degustar as tapas que ofertarán, a partir das 20,00 h., polo prezo de 1,50 euros. Tamén se recordou a posibilidade de obter premios directos e participar no sorteo final.
Na App “quedamosdetapas” pódense ver as tapas que ofrecerán cada un dos locais participantes.