Un total de dazaséis nenos e nenas asisten a cada un dos tres obradoiros organizados pola sección infantil e xuvenil da biblioteca municipal durante esta Semana Santa, superando a previsión inicial de prazas ofertadas. Trátase dun contacontos, un obradoiro de rimas e adiviñas, e un obradoiro de xogos, que se desenvolverán de luns a mércores en horario de 11,00 h a 12,00 h.
Os nenos e nenas participantes teñen idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, se ben varía o período de idade recomendado para cada actividade.
CURSO DE MECANOGRAFÍA
Así mesmo, continuarán a próxima semana as clases do curso de mecanografía asistida por ordenador, que programou a biblioteca na sala do CEMIT do concello, e que se interromperon estes días pola Semana Santa.