A sección infantil e xuvenil da biblioteca pública municipal iniciou hoxe un servizo de préstamo de libros para ler nas piscinas municipais. Trátase de contos, relatos e comics que os nenos e mozos poden coller dunha cesta ubicada na cafetería da piscina, e devolvelos ao rematar coa súa lectura.
Este programa, denominado BIBLIOPISCI, ten por obxectivo promover a animación á lectura entre a mocidade, de xeito que poida aproveitar mellor o tempo que pasa nas piscinas municipais cunha actividade cultural.
O pasado ano xa se levou a cabo esta iniciativa cun gran éxito, e agárdase que tamén o teña nesta tempada.