A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de publicar no DOG de hoxe a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Estes cursos, que son gratuitos, convócanse tanto na modalidade presencial como por teleformación, debendo neste caso as persoas solicitantes dispoñer dun equipamento informático con conexión a internet.
O prazo para a presentación de solicitudes comeza este xoves, 30 de xaneiro, e remata o xoves 13 de febreiro.
No Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Carballiño pode consultarse a información relativa a estes cursos, así como calquera outra circunstancia que se precise para formalizar as solicitudes.