A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) programa, en contacto co Concello do Carballiño, un obradoiro que se imparte no marco da iniciativa Escola para apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.
Este obradoiro celebrarase nas seguintes datas:
– Venres 18 e luns 21 de outubro, de 16:30 a 18:30 horas
– Venres 25 e luns 28 de outubro, de 16:30 a 18:30 horas
O número de prazas é limitado e as inscricións realizaranse chamando ao 981 56 64 11 (de luns a venres, de 10:00 a 15:00 horas) ou enviando un correo electrónico a prensa@consumidores.gal.
Máis información sobre esta iniciativa na web: https://consumidores.gal/actualidade/ucgal-cursos-banca-comercio-electronico/.