A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia abriu o prazo de inscrición para os campamentos deste verán. Este prazo remata o 18 de maio.
As solicitudes deben presentarse telemáticamente na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.es). Na área municipal de Cultura, Xuventude e Voluntariado tamén se facilita canta información adicional se precise.
Os campamentos, tanto dentro como fóra de Galicia, van dirixidos aos mozos e mozas de 9 a 17 anos, ambos inclusive.
No caso de familia numerosa o desconto é do 50%, e se ten o carné xove o desconto é do 25%.