As persoas interesadas en realizar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1,2 3 e 4, teñen de prazo ata o 22 de abril para presentar as solicitudes e pagar a taxa correspondente.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar no mes de xuño de 2019.
No Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Carballiño, situado na segunda planta da casa consistorial, facilítase canta información se requira ao respecto, así como o modelo de impreso que se precisa para realizar o pagamento bancario da taxa correspondente para formalizar a matrícula.