Este luns, 30 de abril, abriuse o prazo de presentación de instancias para a elaboración de bolsas de emprego no departamento municipal de Medio Ambiente, nas categorías de peón forestal e oficial primeiro de xardiñería. O prazo será de cinco días, e a presentación poderase facer no Rexistro Xeral do concello ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas. Poñerase a disposición tanto na páxina web municipal como no Rexistro Xeral modelo normalizado de instancia.
As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse nun sobre aberto para que sexan seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de ser certificadas. E de presentarse nun rexistro distintos do rexistro xeral municipal será preciso comunicar por fax ao concello a presentación de dita instancia así como a xustificación do pago das taxas. A conta de recadación municipal para o ingreso das taxas é a seguinte: ES49 2080 5175 3031 1000 3520 Entidade ABANCA.