O concello do Carballiño mantén aberto o prazo para solicitar a renovación e primeira licenza para a ocupación do dominio público local con mesas e cadeiras con carácter anual. Este prazo remata o 22 de xaneiro.
Ao redor de 40 establecementos hostaleiros teñen solicitada esta licenza nos últimos anos, cun total de 120 mesas.
Non obstante, o maior número de solicitudes para a instalación de terrazas prodúcese na tempada de primavera-verán, cuxo prazo ainda non está aberto, e que ven sendo demandado por uns 60 locais que instalan ao redor de 350 mesas.