Xa se pode solicitar praza no programa de vacacións do Imserso para a tempada 2018/19. O prazo comezou o 16 de maio, e remata o próximo 14 de xuño.
O programa de turismo do Imserso ofrece dúas modalidades: estancias en zonas costeiras peninsulares e insulares, para descanso e relax, e turismo de interior para realizar circuitos culturais, de natureza e viaxes a cidades de interese turístico e cultural.
Poderán participar neste programa os pensionistas que residan en España, co seu cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que estos reúnan os requisitos de idade ou pensión, ou incluso con fillos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 45%.
As persoas interesadas en solicitar praza poderán dirixirse a área municipal de Servizos Sociais, situada na rúa Faustino Santalices, tras do concello, en horario de oficina, de 08,00 a 14,30 h., de luns a venres.
Non obstante, recoméndase efectuar a cumprimentación online, a través da Sede Electrónica do Inserso, en https://sede.imserso.gob.es.