O concello do Carballiño abriu hoxe o prazo de presentación de solicitudes para optar a un posto de Bar (taberna) ou de pulpo no parque municipal durante a LVII Festa do Pulpo, que se celebrará o 11 de agosto. Este prazo rematará o 12 de xullo.
O sorteo dos postos dos bares (tabernas) terá lugar o día 16 de xullo ás 18,00 h. E o sorteo para os postos de pulpo será o mesmo día pero ás 20,00 h. ambos sorteos celebraranse no salón de plenos do concello.
Así mesmo, do 8 ao 16 de xullo pódense presentar as solicitudes para a instalación de postos de “mini bar” nesta festa, e o sorteo terá lugar 0 24 de xullo ás 12,00 h., no salón de plenos do concello.