Queda unha semana para o Entroido de Verán 2019. O venres 12 e o sábado 13 de xullo, as rúas do Carballiño encheranse de cor e animación cun programa pensado tanto para os máis pequenos como para os adultos.
Así, o venres 12, pola mañá, na Praza Maior, terá lugar a celebración do Entroido Infantil, con obradoiro de máscaras, baile infantil de disfraces e animación polo dj Tibu.
Pola tarde, haberá animación nos locais hostaleiros, con pinchos gratuitos para as persoas disfrazadas, e pola noite, baile de disfraces con disco móbil e dj.
O sábado 13, a partir das 19,00 h., animación de charangas polas rúas da vila. Ás 21,00 h., comezará o Gran Desfile de Charangas e Comparsas. E a partir das 23,00 h., na Praza Maior, baile de disfraces coa orquestra “Grupo Limón”.