EDUCA TEATRO PRODUCIÓNS ANUNCIA QUE O AFORO DO AUDITORIO ESTÁ COMPLETO PARA ESTA REPRESENTACIÓN
EducaTeatro Producións® representará o seu musical infantil «Os tres porquiños» este domingo, 14 de xaneiro, no Auditorio Municipal do Carballiño, cunha única función ás 17:00h, logo do éxito obtido a semana pasada no Auditorio de Ourense, no que máis de 900 persoas puideron disfrutalo.
Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real, dirixida especialmente a nenos e nenas de máis de dous anos. Nesta proposta, de 50 minutos de duración, EducaTeatro ofrece unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.
A técnica dramática empregada polos tres porquiños e o Lobo feroz é a dos corpóreos, personaxes a tamaño real que humanizan a figura dos animais, facilitando a interacción co público e a perfecta visión dende calquera punto do teatro. Ademais, ao remate da actuación, os cativos poderán retratarse cos porquiños Pequeno, Mediano e Maior, e incluso, os máis atrevidos, co Lobo.